Hoxe milleiros de persoas acudiron a Compostela para alzar a súa voz en favor do galego,reivindicando o dereito a vivirmos plenamente no noso idioma.
A popa da manifestación aínda andaba pola Rúa do Hórreo e xa a Praza da Quintana estaba medio chea. As chamadas da organización desde o palco eran constantes a ir deixando espazos libres na entrada para @s que estaban por chegar. E moitos, finalmente, non puideron acceder por falla de espazo.
A música de Zurrumalla e Os Carunchos animaba desde o palco a entrada das persoas. Seguían entrando de forma constante (novos e maiores, familias ao completo e grupos de amigos, parellas, veciños que acudían no mesmo carro, persoas a xeito individual mais que na Quintana formaron a gran familia polo galego…) cando Agustín Fernández Paz deu lectura ao manifesto “Voares de Esperanza”, foi escoitado, entendido e aplaudido a cachón.
Ver Sermos Galiza
Que reconfortante é ver a resposta da xente!
ResponderEliminarE tanto Inés, somos moitos os que así o sentimos: a dignidade da nosa lingua permítenos estar tan orgullosos...
ResponderEliminar